Tuesday 30 de April de 2024

O Concello de Brión organiza un obradoiro gratuíto de poda de árbores froiteiras


O Concello de Brión, a través do programa formativo Aula da Terra, organiza un obradoiro gratuíto de poda de árbores froiteiras, que terá lugar o martes 25 de xaneiro, ás 17:00 horas. Trátase dun obradoiro gratuíto e para o que hai 10 prazas dispoñibles. As inscricións poden realizarse ata o 20 de xaneiro enviando unha mensaxe ao mail: actividadesbrion@gmail.com ou a través de whatsapp no número 633 122 772.